Premio!!

Ganador del Premio Artesanía de Galicia 2019

... Por unanimidade, o xurado destacou a calidade do proxecto Monas, valorando a sutileza, a poesía e a evocación da natureza galega partindo de elementos sinxelos para chegar a unha peza conceptualmente rotunda e fermosa. Especialmente destacado é, segundo o xurado, o coidado na construción da presentación e nos acabados.

O traballo de Frank Buschmann caracterízase pola capacidade de deslizarse entre diferentes disciplinas que abrazan a arte, o deseño ou a artesanía cun xeito de produción ético, en consonancia coa integridade profesional de quen crea o obxecto. Frank Buschmann encaixa o deseño desde unha perspectiva global onde o bosquexo ou o produto final non teñan relevancia se non forman parte dun proceso máis complexo. O seu reto é crear a perfección co paso a paso.

Coa prensa de flores Monas Frank Buschmann fai unha invitación á contemplación. Con Monas non soamente entrega un produto artesanal 100% sostible no que respecta aos recursos empregados e á súa produción, se non que ofrece ao cliente unha “ferramenta de observación” coa que reaprender e reconectarse coas relacións perdidas entre o micro e o macro.